miércoles, 24 de febrero de 2016

martes, 23 de junio de 2015

VIDEO DA GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA

A chamada "promoción do centenario" celebrou a súa ceremonia de despedida o pasado 18 de maio. Deixamosvos o enlace do emocionante video. Moita sorte no instituto!!

https://vimeo.com/131359646

lunes, 22 de junio de 2015

ACTO OFICIAL CENTENARIO LABACA

Xa temos en internet o trailer da ceremonia oficial do centenario, que se celebrou no noso centro o pasado 18 de maio

https://www.youtube.com/watch?v=9ztLD7CzFh8

Asi como o video completo de dito acto:

https://www.youtube.com/watch?v=V--XpYEMKzk

domingo, 24 de mayo de 2015

DISCURSO DIRECTOR DO CEIP LABACA NO ACTO OFICIAL DO CENTENARIO

Como xa anunciamos hai varias semanas, o pasado luns 18 de maio, celebrouse no Ceip Labaca o acto oficial de conmemoración do centenario do noso centro.

Para todos os que non puidechedes asistir, deixamosvos o enlace ao discurso do Director do centro, D. Andrés Soto Dominguez, no que se fai público o noso agradecemento aos irmáns Labaca, fundadores do colexio, e a Manjón, importante pedagogo que impulsou á metodoloxía vanguardista que caracterizou ao colexio.

http://issuu.com/ceiplabaca/docs/discurso_director_acto_oficial_cent

NOVA DOCUMENTACIÓN

Para todos aqueles que estades interesados na historia da nosa cidade e do noso centro, deixamosvos aqui os seguintes enlaces:

- Interesante aportación  de Manuel Blanco Rey publicada no Anuario Brigantino nº 34 de 2011. Nela inclúense datos moi interesantes que  ilustran moi ben de como forón os primeiros anos do Colexio e o hospital Labaca. Entre os documentos está o cadro de ensinanzas de 1923 e o Regulamento das Escolas del Ave María do mesmo ano.

http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2011PDF/2011%20349_364_escuelas%20Labaca_MANUEL%20BLANCO%20REY.pdf 

- Un documento imprescindible para coñecer a historia da nosa escola é a comunicación dos profesores Raquel Vázquez e Anxo porto no  Congreso sobre Patrimonio e Etnografía de la Escuela en España y Portugal durante el siglo XX que tivo lugar en Murcia, en novembro de 2012. Baixo o título de "Un espacio escolar centenario: las Escuelas Labaca , del pasado manjoniano al presente modelo público integrado", os profesores da Universidade de Vigo e Santiago fan un estudo da innovación pedagóxica e metodolóxica que supoxo a apertura do colexio, ademais de facer un estudo detallado do alumnado entre 1915 e 1924.

http://congresos.um.es/fimupesephe/fimupesephe2012/paper/viewFile/14971/11941 

viernes, 15 de mayo de 2015

CONFERENCIA LABACA:Raices, savia y frutos

Dentro do ciclo de conferencias do centenario, o pasado xoves 23 de Abril, tivemos o pracer de escoitar ao profesor da Universidade de Huelva Luis Llerena Baizán.

Como poderedes comprobar os que accedades ao texto da ponencia que vos deixamos aqui, a sua mensaxe é un homenaxe á pedagoxía manjoniana e á labor dos bos maestros.

Grazas, Luis, por contaxiarnos a pasión pola escola!!

http://issuu.com/ceiplabaca/docs/conferencia_luis_llerena_centenario